martes, 30 de octubre de 2012

Fundación Meniños

 
 
La Fundación Meniños quiere presentaros un ciclo de películas dedicadas a la educación: 
   cine infantil coa fundación meniños
 

 "Onde viven os monstros".
7 novembro ás 18:00 h.
EE.UU. / 2009 / Dirección: Spike Jonze / Música: Carter Burwell, Karen O

Duración: 101 minutos

Max é un neno de 9 anos traveso e sensible, que se escapa da súa casa para navegar a través dos mares e converterse no rei dun marabilloso mundo de incribles monstros xigantes, ¡pero ser rei convértese nunha tarefa máis difícil do que parecía!.


"The Secret of Kells"
14 de novembro ás 18:00 h.

Irlanda-Bélxica-Francia / 2009 / Dirección: Tomm Moore, Nora Twomey / Música: Bruno Coulais

Duración: 75 minutos / Animación

Brendan, un xove monxe de 12 anos, vive nunha abadía de Kells na Irlanda do século IX. Xunto co resto de irmáns, axuda a construir unha muralla para protexer a abadía dos asaltos dos viquingos. Cuando coñece ao Irmán Aidan, un famoso mestre miniaturista e "gardián" dun excepcional libro de miniaturas que está, porén, inacabado, o pequeno Bernard vai vivir incribles aventuras.


"Rio".
21 de novembro ás 18:00 h.

EE.UU. / 2011 / Dirección: Carlos Saldanha / Música: John Powell Duración: 96 minutos / Animación

"Rio" é unha comedia de animación ambientada na cidade brasileira de Rio de Janeiro durante a súa maior e máis popular festa: O "Carnaval".

Blu é un paxaro da especie dos papagaios que medrou nunha pequena aldea de Minnesota en EEUU, crendo que é o derradeiro exemplar da súa especie. Un dia entérase de que unha papagaia da súa especie foi descubierta en América do Sur e viaxa a Río para atopala.


"As Aventuras de Sammy".  28 de novembro ás 18:00 h.
Bélxica / 2010 / Dirección: Ben Stassen / Música: Ramin Djawadi / Duración: 85 minutos / Animación

Sammy é unha pequena tartaruga que vive deixándose arrastrar polas correntes na compaña do seu amigo Ray. Despois dun percance cuns pescadores acaba sendo recollida por un neno que a coidará durante varios meses. Pasado un tempo, decide reanudar a súa viaxe, vivindo un sinfín de aventuras con fabulosos compañeiros.


Todas as sesións terán lugar na Biblioteca Pública Antonio Odriozola. Rúa Alfonso XIII, Pontevedra


entrada gratuíta

No hay comentarios:

Publicar un comentario